Todo nada
31.12.04
 
Feliz 2005


Seguireivos vixiando
 
  AS CANCIÓNS DA NOSA VIDA. Onte, sobreceando peixe ao forno en Villa Migueles, estivemos vendo un documento audiovisual incunábel que tiña agachado o meu patrocinado, escravo e sen embargo amigo Diego Ameixeiras. Tratábase da gravación caseira dun programa que fixo e emitiu a galega polo 1991 baixo o título "Unha historia da música galega", un refrito feito a base de actuacións musicais e videoclips emitidos nos daquela 6 anos de vida da TVG. Unha locución lúcida e precisa ía repasando os distintos estilos nos que se podía agrupar a música galega das últimas décadas: tradicional, folk, rock, pachanga, canción protesta, música lixeira, pop, jazz... e dándolles paso a verdadeiras alfaias televisivas e musicais que todo o mundo debería coñecer. Destacarei unhas cantas, con coloríns para non aburrir. Hala.

Dous regueifeiros en Sitio Distinto. Reixa, Ruada e os primeiros anos de Luar deron a coñecer o xénero, agora un tanto desvalorizado. Tal vez queimado polo mesmo Luar.

Os Rosales. Mítico grupo de gaiteiros de Vilagarcía, liderado polo bombo e a gorxa de Maruxa. Como dato anecdótico, o nome bautismal de Maruxa é Ecléptica Órbita. Xuro que o lin na Gran Enciclopedia Galega ou por aí.

Folk psicodélico. Ou de cando os grupos folk incorporaron baixo e batería. E tiñan nomes tan melosamente galegos como Alecrín ou Brétema. Ou tan horteramente celtas como Taranis ou Brath.

Saraibas, traendo a GZ a modalidade tan setenteira (véxase Jarcha ou Mocedades) de facer dunha panda de matrimonios un grupo de música, normalmente con mulleres de voces moi agudas. Ou minto: penso que Fuxan os ventos foron primeiro.

Pucho Boedo, nunha das súas derradeiras aparicións na tele, todo escrequenado cantando a dúo "A Santiago voy" cunha Ana Kiro un pouco peneque. Os dous desafinando, esquecendo a letra e cantando a destempo, pero cunha alegría forzada que pa qué. O clímax: cando Ana lle berra a Pucho "Meu neno, o mundo é noso".

Esa Big Band chamada Os Satélites.

Miro Casavella. Videoclip en exteriores, apoiado na cancela dun pazo ou mosteiro, cantándolle á cámara e botando bafo pola boca. Que tenro.

Jei Noguerol. Xa era eu superfan deste cantautor de Viveiro só con escoitalo, pero non sabía do seu sex-aquel televisivo. Que sería del.

Xil Ríos. Que dicir do Iggy Pop da pachanga galega. Que con el pasamos á sección "música lixeira", co innomeábel Jotapé e coa omnipresente Ana Kiro enfundada nun traxe verde de volantes e cantando "Mami, eu non sei o que quere o negrooo".

E momento álxido: actuación de Andrés do Barro no programa Ruada. Debeu ser das últimas, porque xa se lle vía bastante feito polvo, cantando só coa guitarra e todo a emoción do mundo "Teño Saudade", "O tren" e "Rapaciña", coa voz igual de doce ca de novo e a mesma ollada de seductor. Os pelos coma escarpias. Todo o contrario que jotapé.

Los Suaves. No puedo dejar el rock. Xa daquela Yosi tiña unha cara de madero que non se lambía.

Los Contentos. Grupazo onde os houbo, e ademais de Lugo. Os que mellor tocaban, posibelmente. Os que mellor vestían, seguro.

Radio Océano. Esto no es Hawai nin falta que fai. Mítico videoclip rodado na lonxa, co punki de J.Rotring bailando agarrado coas peixeiras. Josito, tabas feito un figurín.

Alfonso Grupo. Prototipo de grupo de pop fulero da época. Ata tiñan xilofón!

Outro momento glorioso: a versión de "Alone Again Or" de Love en castelán, cantada por Germán Coppini. Sen dúbida, o Morrissey galego.

Los Doré. Marcos Meléndrez é un dos cantantes máis irresistibelmente atractivos e mellor engominados que deu este país. Agora ten a cabeza rapada e perdeu bastante.

Viuda Gómez. Video-paranoia de X.Villaverde rodado no cemiterio de S.Amaro con estética gótico-futurista. Podería pasarse sen complexos na última edición do ResFest. Ese, e o de Galicia Caníbal, coas actuacións estelares de Tareixa Navaza, Gayoso, Encina Ramos e Fernández Albor.


1991... en seis anos de vida da TVG coñecemos máis música galega interesante que nos seguintes trece ata hoxe. Teño certa saudade de aqueles tempos, iso que me pillaron coa impotencia da pubertade nunha capital de provincias. Daquela parecía que todo era novo, agora xa todo parece vello. Aos nosos ídolos musicais de entón medroulles a barriga ou caeulles o pelo ou montaron unha empresa, no mellor dos casos. Sen ánimo de mitificar, o peor é que aínda non veu ninguén para substituílos. Ou se veu non nolo queren ensinar.

Tampouco é casualidade que estes últimos anos de seca e de naftalina cultural e mediática se correspondan co goberno de Fraga. Aí nos vén 2005: hai que botalo. E fagámonos o favor de demostrar que estamos vivos. Outra vez.


 
 
A seguinte quedada facémola aquí



Para a colección de BMB (Bares Mellor Bautizados) da Galiza, que no meu ranquin particular está encabezada por "El rey del cubata - Desayunos" , na estrada da Estrada.

Foto quitada do I Concurso de Fotografía Anecdótica Galega, que está a dar moito de si. 
  Facendo amigos. Non podía rematar 2004 sen que aparecera. Falo, por suposto, do agardado blog de Jaureguizar. Como lle dicían a Rajoy: dálles caña.

Grazas enésimas a ascárida, a bloguindexadora máis rápida da comarca, mesmo de vacacións. Por ela atopo outro blog de flipar: o da LNB (Liga Nacional de Billarda), disputada na Mariña. Sospeito quen está detrás.

 
30.12.04
  Velaquí o auténtico Problema Vasco.

[Descubrimento feito grazas a Diógenes
29.12.04
  Post atrasado sobre Andrés do Barro. Xa levo varias semanas, case meses, coa teima esta de ADB. Recoñezo que ao principio foi pola coña, máis polo icono pop-galaico (tan necesario) que polo cantante en si. Pero é que toda a información recibida nos últimos tempos fai que directamente me flipe. Primeiro foi a revisitación de todo o repertorio, vía eMule (grazas Andrea!), ou vía colegas que tiñan abondosa discografía. Logo, a xornada do pasado día 22. Que montamos así coma quen non quere a cousa e saiunos bastante ben. Coñecemos de primeira mau a xente que conviviu con el naqueles tempos: Xavier e Nonito (que fenómenos); Alfredo Mella, baixista dos Sprinters, que era o grupo de ADB e que na película "En la red de mi canción" é o máis ye-yé de todos, sen apear as gafas de sol; María Manuela, que viviu aqueles tempos para o bon e para o malo... E, sobre todo, fixémonos coleguitas de Andrea e Dani Lapique, fillos de ADB e xente de puta matrix. Andrea tivo a xenerosidade de traernos un VHS de "En la red de mi canción". Foi a miña peli de sobremesa do día de Nadal, e cómo gocei con ela. ADB facía de "coitadiño", como ben di X. Alcalá, pero é do tipo de coitadiños que ás tías sempre nos puxo bastante. A el, como na película, só lle importaba a música. E se existe o conceito "sensibilidade", él personificábao coma ninguén. Non tiña unha gran voz, nin unha gran planta (anque non hai queixa), nin unha gran mensaxe. Non lle gustaba moito ao poder reaccionario nin ao revolucionario. Pero gustáballe á xente. A ver quén agora consegue iso, sen estar apoiado por poder ningún. Iso era unha auténtica estrela pop(ular).

É imposíbel non emocionarse escoitando, ademais das máis obvias, baladas como "Meu amor", "Rapaciña", "Con máis amor" ou "Miña maruxa". Xoán Rubia di que é o mellor baladista que se deu nunha lingua peninsular, e eu non lle quito razón. Nonito di que era o noso Bob Dylan, e non creo que esaxere tanto. O caso é as súas cancións son desas que escoitas unha e outra vez e non che dan máis que bon rollo, non exento de saudade. A ver que é o artista, galego ou non, que consegue iso.

En fin, que recuperar a Andrés do Barro é necesario, aínda que só sexa para a nosa saúde mental. Aí seguimos, co blog Saudade de ti e argallando novas comenencias para que o noso ídolo non se esqueza. Hai chapas e camisetas feitas. De momento, podédelas mercar na Galería Sargadelos de Ferrol e proximamente por internet. Seguiremos informando.



ADB rulez! E aínda mola máis nestas datas familiares: se vos facedes fans, xa tedes un tema máis de conversa cos vosos pais.  
 
YKSIHW



Ela. A muller que mellor fuma das que vin na gran pantalla. E que se quiten todas as Dietrich, Bacall e Moreau de diante. Esta si que é unha muller fatal. Non ten currículo coñecido en cine.

El. Actor galego dos de toda a vida. Currículo: segundo google, é culpábel de dirixir para o CDG O peregrino errante que cansou o Demo. Segundo a IMDB, foi 'Pescador 3' naquela película que rodara en Lugo Gutiérrez Aragón. E segundo AVG, participou na curtametraxe de Ricardo Llovo Televapor, que podedes ver -daquela maneira- aquí. Aínda non sabemos como carallo foi dar a esta película uruguaia.

Tanto ten. Os dous están soberbios. A peli é macanuda. E mirade que feituco é o cartel. Ide vela.

 
27.12.04
  Bloquedada. Os comentarios de máis abaixo apuntan a que o día será o domingo 2, a cidade Santiago e o plan xantar. Geiko propón o Abrigadoiro ou a Bodeguilla de San Roque. Decidan vostedes, e xa que están, váianse apuntando.  
 
Unanimidade



Nos desexos dos internautas para este 2005. Por pedir...

A imaxe fixérona uns novos blogueiros poetas. Con ínfulas radicalistas, pero ínfulas á fin e ao cabo.  
26.12.04
 
Do prácido Luar



O blogueirismo lugués vai collendo peso. Poderíase facer a ficada en Valado City, pero o Freire... é o Freire. Benvido, o'xirarei!

E vale, eu teño certa teima coa teuvegá, pero o de algúns é auténtica obsesión. Por certo, e por se non o sabían, (a serie de) Ana Kiro palmou.  
  Guai Crismas. Neva. 
25.12.04
 
Carmiña no iPod



Ben, xa saben, se non se lles ocorre que regalarme en Reis... 
 
A concursar!

 
24.12.04
  Post atrasado sobre Londres. Parece que non, pero catro días dan para moito. Podería falar do lonxe que queda Valladolid, contar os detalles do enlace Castro-Woo, poñer as múltiples fotos que quitamos a taxis e autobuses, recordar as tardes de shopping (máis ben looking) en Camden, Portobello e Harrods, cagarme no cara que vai a libra de dios, explicarvos (máis ou menos) onde está a casa de Syd Barret segundo Enric González ou darvos uns rudimentos básicos sobre a mecánica do cricket e das apostas de cabalos; saborear de novo as marabillas da cociña tailandesa, hindú, xaponesa; decidir se me sabe máis a London Pride ou a Abbot Ale; darvos unhas clases de literal english ou contarvos o que se liga nos bares do Soho (arrive and fill). Tamén vos podería dicir por onde queda o Restaurante Galicia, o fácil que é atopar rapaces do Morraso no metro ou o aprendidiños que quedaron algúns ingleses sobre quen era Andrew of the Mud...

Pero isto tampouco é a versión online de Encontros, así que me limitarei a dar as grazas: a Miguel e a Michelle por casaren (Do it again, please!), a Cheko e a Gumer por seren caralludos alá onde se atopen, a David, Céline, Allan, Nei, Paul, Sue e o resto, por compartir copos e conversas multilingües; ao indio aquel que non me acordo como se chamaba, pola súa destreza ao futbolín, e a Charlie (que de futbolín tamén sabe) & The Rapazzas por seren os mellores compañeiros de viaxe. Thanks a million.

Disque en breve van poñer Ryanair en Santiago. La cagamos, my friends.  
23.12.04
  Anúnciese aquí. Eu é que xa cubrín de sobra o cupo de organización de eventos e comisións de festas varias por este ano. Pero tedes razón: o blogmillo ten que facer a súa tradicional (a segunda terceira, vaia) quedada de nadal. Pego comment de EMF, e xa vos organizades vós. Anque ando bastante liada, espero poder estar. Aviso que o LK é de primeira división.

Ola María.

Necesitamos da túa grande oratoria para convocar ao blogmilho a umha xuntanza para redefinir estratexias (máis bem, para pilharmonos umha como o ano pasado, pero é que nom tinha excusa máis interesante).

Eu voto pola derradeira semana do ano, que estou de vacas.

Saudos.

PS: Hai umha botelha de licor-café en xogo! :-D
EMF Homepage 12.23.04 - 12:30 pm #

 
22.12.04
 
HOXE EN FERROL

 
19.12.04
 
Homesick of you



E homesick of London! Hai outras poucas horas estaba bailando desaforadamente nun club de Brixton (mentres tecleo vexo que aínda conservo na man o cruño co enderezo da súa web), e agora derreada diante do ordenador despois de facer unha pila de quilómetros por aire e terra. Mañá xa falaremos disto e mais de aquilo. Agora vou mimir.  
13.12.04
 
Londres



Nunhas poucas horas, un deses avións será noso.  
 
Bambi, mira, este é o señor que matou a túa nai



Que opinarán disto os nosos amigos portugueses?

 
12.12.04
 
Del Pita Pita Del



Benvido, Modesto
11.12.04
 
ai que sensilha!!!

 
10.12.04
  Xermán, faite alcalde. No último número d'A Nosa Terra leo cun sorriso de orella a orella esta carta que escribe Xermán Viluba, membro dos Skornabois e de Safari Orquestra e lúcido trendsetter mariñao. Como non a poñerán na edición dixital tecléovola enteira:


O acordeón de Marrakech

De orixe moldava, O-zone é ese grupo que canta en romanés e que asinou unha das cancións da primavera-verán 2004. Era impensábel hai só uns anos que o romanés se impuxese ao inglés ou ao español no caso galego. Outro éxito deste verán, ese apoiado por unha poderosa marca de bebidas é o chamado “Del pita pita del”, que cun video de estética Bollywood, marca o fito de achegar a música indoasiática a un público masivo que descoñecía, case a existencia destes sons e desa industria cinematográfica con sede en Mumbai.

Este feito destraga por completo as estruturas musicais das orquestras do país, que se atopan con moitos problemas para verter en directo estes novos e exóticos éxitos de tempada que coma todos os anos a xente de cada parroquia, vila ou cidade esixe en cada actuación, algunhas optan por unha fórmula mixta sobre todo en celebracións de menor intensidade coma vodas ou comuñóns, primeiro despachan os temas de sempre e logo un dos músicos dispara a xeito de dj imposíbel estes temas modernos feitos con máquinas e cantados en idiomas estraños.

Sen dúbida, a masificación do elemento étnico é un feito indiscutíbel; máis aló das músicas de consumo rápido atopamos multitude de casos –alimentos de carácter étnico ocupan xa a primeira liña en moitos estantes de supermercados e teñen moito auxe restaurantes exóticos.

Outro elemento a ter en conta é o da roupa, se hai uns anos empezamos a ver elementos doutras culturas mesturados coas nosas vestimentas clásicas de seres occidentais, hoxe impúxose a curiosa moda das camisetas que marcan directamente a afinidade do individuo por un país ou etnia determinada, Xamaica, o Brasil, Italia…

Os peiteados tamén amosan unha clara ruptura cos canons máis tradicionais, os trenzados e cores das mulleres africanas foron copiados polas mulleres do país e as nosas perruquerías asimilaron xa estes estilos tribais coma unha variante máis dentro das esixencias das súas clientas.

Cristas e piercings son elementos de esencia étnica que xa forman parte habitual da pinta de moitos de nós.

Agora que os indonesios chegan ás costas de Lugo para traballaren nos barcos de pesca galegos, cando Cabo Verde é case unha parroquia máis do concello de Burela e o cuscús se mistura coas fabas nas potas ao lume das haimas imposíbeis de Lourenzá, cando en Ribadeo se imparten clases de chinés e en Foz se vai levantar a primeira mesquita da mariña de Lugo, agora que todo muda de cor e sabor, por que hai algo que segue invariábel?

As xentes do país marcamos un novo biorritmo, as cores que invaden a sociedade galega do século XXI chocan coa escuridade instalada nos búnkers dos despachos oficiais.

Abdul faite alcalde.



Puro, fichadísimo quedas para Rapazza. :)
 
 
O seu súper favorito



Opine aquí.
 
  Hoxe entraron buscando:

- Melide hostia

- Alcol nas estradas

- Movida en Carral

Sábado: Fotos de acidentes de transito

A DXT debera prohibir este blog.
 
8.12.04
  De algo hai que morrer. O conto de Waldemar fíxome acordar destoutra vella gloria que deu a nosa provincia. E revolvendo na hemeroteca do meu disco duro atopei unha reportaxe de hai case un ano na que o noso Mondo Bruttiño particular rescataba do esquecemento a súa marabillosa historia. Velaquí está.


Un torero singular

Una lucense inicia una campaña para reivindicar la figura de su hermano, Luis Ríos 'El Pinturero', un aventurero que fue el inventor del toreo paracaidista y subcampeón del mundo de acrobacia

Luis Ríos El Pinturero inventó el toreo paracaidista y fue un reconocido acróbata. Murió ahogado en 1966 en Cartagena de Indias (Colombia) al caer sobre el mar cuando intentaba aterrizar sobre la plaza de toros para iniciar la faena taurina. Desde entonces, la memoria de este peculiar lucense se ha ido perdiendo en la ciudadque le vio nacer, algo que se propone evitar su hermana, Mari Carmen Ríos, que ha iniciado una campaña para que se dé a su hermano el nombre de una calle de Lugo. Ella rememora la popularidad que llegó a tener su hermano, que gracias a sus hazañas logró codearse con personajes famosos y poderosos.



Ríos (izquierda), con un amigo, en una foto del archivo familiar Foto: AEP


REDACCIÓN. R.L.

El lucense Luis Ríos tuvo una breve pero intensa vida, marcada por la aventura. Se hizo famoso como acróbata y, de hecho, en Canadá se convirtió en subcampeón del mundo. Su capacidad como paracaidista le dio prestigio, pero alcanzó fama cuando inventó el toreo paracaidista, que acabó costándole la vida.

Luis Ríos murió a los 24 años al caer al mar en Cartagena de Indias. Había sido contratado para un espectáculo taurino en el coso colombiano, pero un fallo del paracaídas hizo que fuera a parar al mar, en lugar de a la plaza, donde iba a enfrentarse con dos toros.

Su recuerdo permaneció vivo durante mucho tiempo. De hecho, su entierro en Lugo, celebrado dos años después de su muerte, cuando al fin se logró repatriar sus restos, fue todo un acontecimiento. Pero, desde entonces, su figura ha ido quedando en el olvido y hoy sólo los más mayores recuerdan sus gestas. Su hermana pretende ahora recuperar su recuerdo en la ciudad e intenta que se le dedique una calle.

Mari Carmen Ríos, que ahora reside en Barcelona, ha vuelto a Lugo para reivindicar la memoria de su hermano y ya se ha entrevistado con el alcalde para pedirle la calle. Cuenta que también ha escrito a Manuel Fraga, que aún no le ha contestado, aunque no pierde la esperanza porque recuerda que Fraga era una de las personas que siempre felicitaba las Pascuas a Luis Ríos.

Ella dice que su hermano era una celebridad en Lugo y, a modo de comparación, dice que "su hermana era entonces como la Jesulina hoy".

TRAYECTORIA. Luis Ríos, apodado El Pinturero destacó siempre por su dinamismo y su carácter aventurero, señala su hermana. En Lugo, se había hecho conocido porque entrenaba equipos de fútbol, pero su notoriedad comenzó después de que, a los 18 años, se alistara como paracaidista voluntario en Alcantarilla. Dejó el Ejército un tiempo después, pero sus cualidades ya se habían hecho evidentes y por eso fue contratado como instructor civil de Cuatro Vientos, momento a partir del cual sus hazañas empezaron a trascender y comenzó a relacionarse con personajes relevantes.

Fue entonces, siendo ya un personaje conocido, cuando inició su carrera como torero paracaidista, que sería muy breve, porque murió en el segundo lanzamiento. Falleció sin alcanzar su sueño: comprar una casa a su madre.


Una breve carrera

Luis Ríos tuvo una breve carrera como torero. Se inició en Getafe, primera ocasión en la que saltó para caer en una plaza y torear. Después toreó en Sarria y también en Lugo, pero sin lanzarse desde el aire. La segunda vez que se lanzó para torear encontró la muerte, al enredarse en el mar con el paracaídas.

 
 
Waldemar



Coñeceu o emperador Hiro Hito, convertía a auga en viño e baixaba unha botella de Felipe II á semana. Durou case cen anos e hai vinte que morreu. Viaxou por todo o mundo, fixérono Conde e foi mestre do mesmísimo Fu-Manchú. Chegou a ser un dos magos máis recoñecidos do planeta no primeiro terzo do século XX. E era de Portomarín, mira pra el.  
7.12.04
  Nacer de novo. O programa máis veterano da Televisión de Galicia non é Luar nin Supermartes. É Nacer de novo, un espazo dedicado á igrexa evanxélica e que hoxe cumpre 900 programas de emisión. Leron ben. A nosa querida tele xeralista que se rexe por criterios básicos de audiencia leva 18 anos mantendo un programa que non só é ultraminoritario senón que contempla a existenza de outra relixión que non sexa a verdadeira. Aleluia. A verdade é que ignoro canta é a presenza do evanxelismo en Galiza, alén da parte máis visíbel (uns cantos futbolistas) e a máis ruidosa (as comunidades xitanas). Vai haber que ler a Xavier Alcalá e ver hoxe o Nacer de novo para ver se aprendemos algo e de paso vemos a luz. E xa que estamos, coller a guitarra para botarlle un responso ao probe do Manzanita. Fíxolle Yaveh mil bienes.

En calquera caso, hai que lle aprezar o mérito a Xaime Fernández polo esforzo de espallamento multimedia e de normalización lingüística para a comunidade evanxélica. Nacer de novo tamén é un programa de radio e pódese escoitar por internet. Non sei se hai moitas máis televisións e radios públicas no Estado Español que lle dediquen espazos así ao Evanxelismo. Prégase confirmación ou rexeite.  
6.12.04
 
Cilindros (Bonus Track)



A Duquesa púxonos na pista da casa consistorial de Trazo: un edificio en rotonda no medio e medio da nada. O amigo vaq buscou a foto na web da crtvg. E eu limítome a poñer aquí os resultados, sen reparar no xogo que lle está a dar Trazo a este blog.

Agora que o penso, este blog está empezando perigosamente a vivir de rentas. E aínda menos mal.  
1.12.04
 
Sue Ellen



Hips. 
Maroutallos Sen Alma, Inc.


ARQUIVOS
Setembro 2003 / Outubro 2003 / Novembro 2003 / Dezembro 2003 / Janeiro 2004 / Fevereiro 2004 / Março 2004 / Abril 2004 / Maio 2004 / Junho 2004 / Julho 2004 / Agosto 2004 / Setembro 2004 / Outubro 2004 / Novembro 2004 / Dezembro 2004 / Janeiro 2005 / Fevereiro 2005 / Março 2005 /


BUSCADOR
Google
Web todonada.blogspot.com


PROPAGANDA

Powered by Blogger