Todo nada
26.2.05
  Informe semanal:

- Vai moito frío, mesmo na Coruña. A neve nin a cheiramos, nin falta que fai.

- De novo acumúlaseme o choio. Pero contenta, ata novo aviso.

- Antonte leváronme ao bingo. O bingo é un sitio idea para facer o pailán cando vas por primeira vez, pero o bingo de Rubine, cheo de señoras/es curuñeses/as todos serios e máis ou menos maqueados e concentrados para o xogo é demasiado propicio para A) facer o ridículo cantando ata 5 veces "liña" e que todo o mundo mire para ti, sen saberes que a liña só se canta unha vez e aló vai. B) facer aos teus acompañantes e a ti mesma chorar da risa polo punto A e xa non poder parar en toda a velada. E C) consumir un prato de carne asada con guarnición, pasteliño e bebida por 1,50 euros. É a oferta dos xoves, outras veces dan cocido, e ti estás alí e xogas os cuartos e ceas polo que che custa un cartón, e pasas certa vergonza porque alí a xente vai xogar en serio e ti en plan Carpanta. Que estamos a fin de mes. Volvemos ao punto B.

O peor é cando a unha Suellen coma min lle descobren un vicio novo coma este. Nunca me deu demasiado polo xogo, pero os casinos e o bingo de antonte prodúcenme unha atracción especial. É divertido á vez que patético, e malia o primeiro impacto acabeime sentindo cómoda naquel ambiente. Vale que de momento non é para min, que aínda estou na idade e na obriga moral de ir aos mozos, pero dentro de 25 anos se queredes atoparme un xoves pola noite alí estarei.

- Xa me baixei o Recompilatorio de Pop Galego 1970-1973 do que nos informou o Regueifeiro. Impresionante, amiguiños. E non me explico como Miña terra de Andee Silver estivo enterrada no esquecemento todos estes anos. Anque case mellor iso que non vela avellentada en Luar cada 2 por 3. É un tema de pop eurovisivo perfecto, e promete ser o gran reventapistas do 2005, encargareime diso na medida que me corresponda. Empezando polo retorno de DJ PIENSOS NUDESA, que moi probabelmente será no mes de marzo en Santiago. Seguiremos informando. De momento, eila.

E do resto da colección destaco 4 "must": O paxaro de Salgueiro, E tropezou de Queimada, O lento camiñar de Carlos Mateo e Miña ruliña de María e Xavier. O seguinte paso nesta investigación consiste en saber quen carallo era esta xente. E que foi deles. Reclamo un Juan de Pablos para o meu pobo, con todos os meus respectos para Pichi e Marcial.

- O artigo da semana: Pasarela Burela.

- Aqueles 15 días alongáronse pero por fin entreguei o meu relato de Sci-Fi. Confirmado: Bartleby era un chaíñas.

- Jean-Sol e Paleón, que vos pasou? 
25.2.05
 
Microfundismo



Parabéns aos premiados. E aos AsF, que son lo más. 
21.2.05
  Fogar. Hoxe estiven instruíndo a un señor de 28 anos na posta en funcionamento da lavadora da casa. Que non se diferencia gran cousa das lavadoras do resto das casas. Permítanme dicirlles ao 80 por cento das nais deste planeta que as odio profundamente. 
 
Hips



Como era de esperar, Suellen foi das primeiras en ver Entre copas. E, igual que a crítica especializada, xa a declarou a mellor película do 2005. Non fai falta que diga o evocadoras que lle resultaron as panorámicas dos viñedos californianos dende esas autoestradas tan anchas como interminábeis, nin esas bodegas para turistas de alpargata que van encherse de moca a base de culíns-degustación e nas que, a diferenza das bodegas para entendidos, non hai balde para cuspir o viño despois de catalo. Unha das cousas que máis lle gustou da peli, ademais da tremenda parella entre o marulo actor de segunda e a marula oriental da moto, e da tremenda mai do prota, foi a maneira de retratar o mundo do viño e dos friquis do viño. Con respecto pero sen sublimación. Con certa parodia pero sen recochineo. Nesa liña sutil entre o patetismo esnob, o patetismo borrachuzas e a resaca patética sitúanse os personaxes, vistos unhas cantas veces dentro pero sobre todo fóra da pantalla. E que dicir desa fabulosa road-trip, desas situacións absurdas e desa exaltación da amizade... Que ganas de volver a California, pero esta vez a chumar de guais.

Ao día seguinte, e como era de prever, Suellen quedou na casa bebendo calimocho. Xa sei que non é para presumir, pero visto o visto tampouco me arrepinto.

Ah, e falando de road-trips absurdas, un recordo para este fulano. Que descanse en paz, ou como queira. 
19.2.05
 
Unha sentola nun báter



Cortesía de ajustín, que se explica máis abaixo
17.2.05
 
Un polbo nun bidé



Ás veces pásome por aquí coa sinxela intención de levar a contraria, pero hoxe atopeime con esta foto. Basicamente é un polbo nun bidé. Mola. Mágoa de copirrait (e por riba rosita) para escarallala. 
  O home (case) inédito xa conta coa primeira reseña da súa (marabillosa) novela, sen ter sido (aínda) publicada. O que fai ter unha (boa) axente. 
  Sei o que fixestes na última oposición. Xenial Fran, coma sempre. 
16.2.05
  Chanel nº5. Dende logo, non sei como non monto un club de fans. Será por gando.

O que hai, dispensando, é moito problema vasco
 
Casa Manolo (agora si)



Nos comments de máis abaixo veriades que efectivamente puxen a Fraga vivindo nun galpón. Outros estivestes máis atinados: polo visto había que seguir a estrada. De aí é de onde o hai que botar. Ghrasas (non vai ser todo freba) a Muxía polo traballiño. 
 
who the hell is...?



Zenx, Regueifeiro
14.2.05
  Chega aí. A nosa fonte inesgotábel de sabedoría internacional infórmanos do último enchepistas no Brasil: a versión en galego, e en orxiástico, do Dragostea din tei. Contan en Emi que a nova letra conta a história de uma festa que o Latino promoveu em seu novo apartamento na Lagoa, onde alguns convidados, após beberem além da conta e se excederem um pouco, foram flagrados, pelo próprio cantor, transando em seu quarto. Velaquí.


Festa no Apê
(Latino/ Dalmo Beloti)



Hoje é festa lá no meu apê
Pode aparecer
Vai rolar bunda-le-le
Hoje é festa lá no meu apê
Tem birita
Até o amanhecer

Chega aí
Pode entrar
Quem tá aqui tá em casa

Chega aí
Pode entrar
Quem tá aqui tá em casa

Olá, Prazer!
A noite (hum) é nossa.
Garçom, por favor, venha aqui e sirva bem a visita.

Tá Bom
Tá é Bom
Aqui ninguém fica só
Entra aí e toma um drink
Porquê a noite é uma criança.

Hoje é festa lá no meu apê
Pode aparecer
Vai rolar bunda-le-le
Hoje é festa lá no meu apê
Tem birita
Até o amanhecer

Tesão, Sedução, líbido no ar
No meu quarto tem gente até fazendo orgia

Tá Bom
Tá é Bom
Tudo é festa
Pegação
Vou zoar o mulherio e a chapa vai esquentar

Chega aí
Pode entrar
Quem tá aqui tá em casa

Chega aí
Pode entrar
Quem tá aqui tá em casa


Definitivamente, moito mellor que os tileiros. Pero agradécese o esforzo igual. 
 
Dillo con grelos



 
12.2.05
 
Razóns para o SI



Arestora en Berlín
11.2.05
  Entraron buscando... BLOG DE UNA CHICA MUY MODERNA CURIOSA. Bueno, máis ben pailana e tirando a chambona, pero mira, estou de oitava. 
 
Luxo, monarquía e produtos da ría



"Nestes dias de Carnaval, a plebe aproveita para se disfarçar e cometer toda classe de excessos, o que casualmente coincide com a minha actividade ordinária durante todo o ano. Por tal motivo optei por estas dionisíacas datas para vos fazer chegar a minha mensagem institucional, fugindo da vulgaridade doutros mandatários que exortam os seus súbditos nas horrendas festas natalícias".

Cun chisco de retraso, a mensaxe de antroido de S.A.R. o Duque de Lugo á sociedade zómbica galega. Nas VA-CA News. 
 
Roger e mais eu



Copipasteo esta reflexión de butelo en Arredemo:

Un dos primeiros documentais de Michael Moore intitulado "Roger and me" fala das consecuencias que trae a política de Reagan nos 80 cando a General Motors pecha as súas fábricas na cidade de Flint, Michigan, para abrir as súas factorías en México, onde os salarios son moito mais baixos, mandando ó paro a toda a cidade. Os que poidades ver o documental non o perdades polos clarísimos paralelismos coa Galicia de hoxe en día. Coa súa política de "Luares" incluída. Pero a historia non remata aquí...

Resulta que unha revista chamada "Money" nomeou á cidade de Flint a peor cidade de america para vivir, e os cidadáns de Flint reaccionaron queimando exemplares da revista. A nova de hoxe consiste en que un francés chamado Pierre Ausseill nos amosa como somos realmente.

E como bós cidadáns de Flint, Míchigan que somos reaccionamos así.
 
10.2.05
  A pedra. Ou como aturar unha merda de peli en Antena3 só porque estiveches alí. Momento guiri, para que conste:



Ai dios, logo vai aló medio ano... 
 
Novidades Nicetrip



Estes non pagan, pero fanme máis coña que a propaganda do google. Que a día de hoxe tenme para tres augas d'orzán e catro chupachús. Algo é algo.  
9.2.05
 
Sobran motivos



Campaña de estimulación do "boto". Nas súas pantallas antes de que acabe a lexislatura. 
 
Rouco Varela vs. Paco Clavel



Róubolle a imaxe pero a cambio recomendo, e de moi boa gana, o seu blog. A Regueifa. Nada de folk.  
8.2.05
 
Suso Peña



Tamén eu me quería sumar ao lamento pola morte de Suso Peña, pioneiro do cómic galego e español, debuxante universal, ilustrador, deseñador e ademais diso un tipo moi simpático e gran amigo de meu pai. Aínda teño no outlook algunha das felicitacións que nos mandaba polo nadal. Da noticia souben por Jaure e grazas a Brétemas teño un debuxo del para poñer aquí. Os comiqueiros de Dreamers dedícanlle un In Memoriam. Na Voz nada din. Nin no Morreo nin no GZ Today. Nin na Opinión nin no Faro. Tampouco en Vieiros e tampouco en CoaliciónGalega, que nin o tiña no catálogo de autores do seu soportal de BD, cheo de (necesarios) ioguríns.

No Progreso informaron, e ben. Para que logo digan da prensa de provincias.

En fin. Como dixo aquel vello todo cheo de razón, estavos morrendo xente que nunca antes morrera. A ver se acaba dunha vez o maldito inverno.  
7.2.05
  The Last Picture Show. Un sofá vermello. Dúas persoas. Un abismo.

Lástima de película.

 
6.2.05
 
Casa Manolo



Non estou en absoluto tan ociosa como Escolar, mais non puiden resistirme a facer o experimento de buscar no Sigpac a Residencia Oficial do Presidente da Xunta, non fora ser que tamén estivese tapada por motivos de seguridade, igual que Casa Juan Carlos ou Casa José Luis. Pois de taparse nada, aí a tedes. Sen estar aínda moi segura de se é a casa de Fraga ou un galpón de uralita, e co que me levou atopala, ben me podedes aplaudir o labor de investigación.

Xa se sabe que ao noso presidente actual a seguridade tanto lle ten. Nin sequera en Perbes, a onde lle podedes mandar un agasallo ou pegar unha chamadiña de consolo cando perda as eleccións. Razón aquí.  
5.2.05
  Canto custa botar un puto polvo? A resposta, un pouco liosa pero esmendrellante, aquí. Non me quedou moi claro se os prezos son de Vigo ou de Ordes. 
 
sil·logisme



A VA-CA e Vilaweb recuperan a Miquel Ángel Pasqual, "um tipo tam cabal e honrado que foi membro do grupo La Trinca e nom entrou como sócio na produtora Gestmusic", para defender o NON o vindeiro día 20 co seguinte siloxismo:

a) Els jutges del Tribunal Constitucional espanyol han declarat: 'La Constitución europea es perfectamente compatible con la Constitución española'.

b) La 'Constitución española' és una M.

c) Ergo la 'Constitución europea' és una M.



Por certo, lembrades esta canción?

 
 
Argh



Pasade un bo antroido, vós que podedes.

[Pero parade cos petardos aí abaixo, por favor]  
1.2.05
  Por que non? Si, amigos. Traizoando principio ningún, Todo Nada véndese ao capital: ao do gúguel e ao de quen lle pague, vaia. Agora deume polo tuning comercial, que Fernando Alonso chamaría esponsor. A ver se me dá pra uns chupachús.

Non fai falta que volo diga: a máis clics, máis chupachús. ;)
 
Maroutallos Sen Alma, Inc.


ARQUIVOS
setembro 2003 / outubro 2003 / novembro 2003 / dezembro 2003 / janeiro 2004 / fevereiro 2004 / março 2004 / abril 2004 / maio 2004 / junho 2004 / julho 2004 / agosto 2004 / setembro 2004 / outubro 2004 / novembro 2004 / dezembro 2004 / janeiro 2005 / fevereiro 2005 / março 2005 /


BUSCADOR
Google
Web todonada.blogspot.com


PROPAGANDA

Powered by Blogger