Todo nada
31.1.05
  Off topic. Qué preciosa é a canción CD, de Astrud. Como outras moitas do disco. Xoves iremos velos á Capitol. E prometo non beber máis que pesicolas.
 
  Día impar. Teño tantas ganas de facer tantas cousas, e tan poucas de facer outras, que o non dar feito -que asoma por este blog as poucas veces que me dá por usalo para cuspir contra o (meu) mundo- acaba comigo estes días. Hai mil ideas na cabeza, ducias de persoas coas que quero facer cousas, tropecentos proxectos bulindo… e nin un minuto que poida aproveitar con xeito. Pido desculpas á xente que non dou atendido, aos prazos que non dou cumprido, á louza que se apila no fregadoiro. Disque peor é a abulia, a apatía, o aburrimento, conceptos que non descoñezo pero dos que adoito fuxir. A ilusión move o mundo, mais axiña devén en frustración. Aínda sabendo que é temporal, e que logo todo volverá ao rego, e que as cousas, milagrosamente, sairán adiante. E se non saen tampouco será a fin do mundo. Cos anos aprendemos a relativizar. Vivan os anos.

Perdón polo cutresímil pseudogeek, pero isto é igual que cando teño abertas moitas ventanas do windows, que o ordenador cólgaseme e emite ruidiños estraños. O colgamento agardo que me pase así que reinicie (durma), e os ruidiños… bueno, en certo modo estádelos lendo. Mais creo –e a experiencia demóstrao- que por máis que reinicie os ruidiños volverán. Se cadra é o momento de formatear o disco duro. Ou de pasarse a Mac.

Viña Costeira patrocina este post.

E que todos os males sexan coma este.
 
  Moi simpáticos os que entrastes buscando isto e mais estoutro. Curiosamente ningunha das dúas frases no google levan a este blog. Como cona fixestes?

Podería contestar con máis humor, pero hoxe non teño o día.  
29.1.05
  Entraron buscando: "todo sobre tíos gays solo gays nada de tías" ... e chegaron aquí. XD

No mesmo día: "tias chachis". Estou de décima entre 116. Oullea
 
Jacques Villeret



Para algo bon que dá o cine francés, vai e morre. Il n'y a pas droit.

Merci, Berto.  
 
6 razóns para o SI



A sexta: por joder.  
28.1.05
 
Predición

 
27.1.05
 
O que?



O corazón ten razóns que... pfff, voume deitar.



A contracampaña, grazas de novo a Escolar
 
Próxima saída



A imaxe pilléillela aos de Nunca Máis Carnota, que por certo seguen aí.

 
  Falando de galardóns. Non sei os Goya, pero escoller este ano os Premios Godoy si que tivo que ser difícil.  
25.1.05
  3.35 da tarde. A esta hora, Nacho Vigalondo debe ter o servidor petao. Non me estraña. Nel ten un simpático weblog e tamén poderedes ver (en canto se despete) a súa curta 7:35 de la mañana, que así ao parvo vén de ser nominada aos Oscar. En Cabezón de la Sal están de festa. Parabéns, Nacho. A peli é estupenda.  
24.1.05
 
O corazón ten razóns que a razón non entende (IV)



Un rotundo e sonoro NON.

[Dedicado a Dagha]

 
21.1.05
  Colacao Man agora pasouse ao Actimel. Han ser as medras. 
 
A star is born



Si, eu tamén recibín o comunicado de prensa:

A Coruña, 21 de Enero del 2005

Ante los rumores surgidos en diversos medios de comunicación, me siento en la necesidad de aclarar y definir mi situación en este preciso momento, a fin de que no surga
(sic) ningún indeseado malentendido.

Tras nueve años de trayectoria como miembro de Luar Na Lubre, colmados de gratificantes experiencias y recuerdos, comunico que tras una larga y meditada reflexión y siempre con el apoyo y la comprensión de mis compañeros de grupo, comienzo mi carrera musical en solitario.

Agradezco todo el apoyo brindado y quedo a vuestra disposición para disipar cualquier duda acerca de la veracidad de esta información.

Rosa Cedrón

Xa quedo máis tranquila, oes. 
  Tuning. Non é que ande precisamente desocupada, pero de paso que me sindiquei deume por tunear un pouco o blog. Mola, ehhhh. 
20.1.05
 
Anúnciese aquí



Última hora de Antón:

A Policia Municipal da Coruña, apoia gratix a campaña da vaca galega polo mundo. Son máis simpáticos...
(Fixádevos ben. Están en dobre fila)


 
  Woody 'a tope' Allen:
"Cada vez que escoito a Muiñeira de Chantada danme ganas de invadir o Bierzo".
 
19.1.05
  O corazón ten razóns que a razón non entende (III)


Uxue, ese sex-symbol. Hoxe na Coruña.  
18.1.05
 
alg-a



Aínda non falei nunca aquí do moito que me está a gustar o proxecto alg-a, se cadra porque non sei explicar mellor ca eles de que vai:

Alg-a é unha superficie de comunicación sólida formada por organismos que fluen nas correntes alternas, mergulladas baixo a capa pastosa do composto petroartístico.

Agora que xa está claro, permítanme contarlles tres interesantes novidades que fan que me decida a presentarlles esta xente: 1. Tamén organizan quedadas, pero máis íntimas e máis bucólicas que as nosas. 2. En febreiro farán presentación oficial na Nasa. E 3. Están a sindicar todo o que poden do blogmillo, isto é, a minoría de bitácoras que non están no blogger, que polo visto dá problemas. Hai que ir pensando en mudarse, todonada.  
 
Temporal, galerna, tsunami...?



...os de interior nunca acabamos de saber como se chaman estas cousas. Pero vémolo pola fiestra e flipamos. Ou escoitámolo bruar de noite, unha vez que pasa o camión do lixo, e non somos quen de durmir. Fermoso, mais convén non arrimarse moito
  Por favor, basta. Definitivamente, don Feliciano quere acabarme coa salú. Ou bater o record de ligazóns ao seu xornal neste humilde blog. Se non, a que vén publicar noticias coma esta? A festividade de onte ten que ver con ese lamento pola escaseza de Antonios? Cal é a relación entre a película "Os outros" e a exotiquísima onomástica de Corrubedo? Como se hai que chamar para entrar no Top-10? Que culpa teñen Gelasio e Veneranda de todo isto? Existe Suso Souto ou preferimos pensar que é un pseudónimo?

As claves do conto, no xornal máis influínte deste país. Non sei se rir ou se chorar.

Nin se darche as grazas, Lu. ;) 
  O corazón ten razóns que a razón non entende (II)

"Por tanto, querido lector, si algún eurointegrista le pregunta por qué vota no sin haber leído la Constitución puede responderle, con la mayor solvencia científica, «pues porque según la regla de Penrose y los índices de poder de Banzhaf un ciudadano español vale en el Consejo mucho menos que los de Alemania, Francia, Letonia, Luxemburgo, etcétera, y no puedo avalar semejante déficit democrático». Y, por supuesto, no es argumento decir que hay que votar sí porque los nacionalitaristas votan no : ¿si ellos sólo comieran pescado nosotros deberíamos alimentarnos exclusivamente de cerdo?"

Obrigadiña, Calaza. Un punto dobre para o SI.  
17.1.05
  O corazón ten razóns que a razón non entende (I)
Que votar o 20-F?


- Razóns para o NON

- Razóns para o SI
 
 
Capa / Pleimóbil



Non coñecía eu o traballo de Marcos Vilariño. Agora si, grazas (moitas) ao blog de Infixo. Benvid@, xunto con Café Instantáneo. Non sei quen son (non?), pero deberon ir xuntos ao cine
15.1.05
 
Dolores Bouzón



Tamén morreu a que durante moitos anos foi a muller máis moderna deste país. De cando había modernos na TVG.

Grazas a Modesto pola foto.  
14.1.05
  Morreu o home máis listo de España. A miña firma favorita de El País. Os seus encrucillados eran pura literatura. E ademais era cineasta e políglota. Jesús Franco, que ata onte era o segundo home máis listo de España, dedícalle hoxe unha estupenda necrolóxica no xornal.

Confeso que eu fun moi viciosa dos encrucillados, nomeadamente dos de Peko. Con Meixide -que me acaba de enviar un SMS de dó- e con Jean-Sol temos feito carreiras na cafetería de Xornalismo a ver quen os acababa antes. Nos últimos anos perdín algo deste san costume diario, e agora arrepíntome porque xa sei que non vai haber máis.

En GZ os dous encrucilleiros oficiais son veciños meus. Un da parte de Cospeito e outro da de Pastoriza, feito que me enche de orgullo friquichairego por partida dobre. Todo é para gustos, pero se hai que escoller eu prefiro a Paulino, que ata fai encrucillados para internet. Téñoo incluído na miña lista particular de candidatos ao Día das Letras Galegas. Ou das Chairegas, se é que alguén as decide recuperar.  
13.1.05
  "Soy católica, apostólica y Ramona". Di que si, monstra.  
  Intolerábel. 
12.1.05
  Anúnciese aquí. Matías Bruñulf é galego, vive en Londres e convídanos a un té negro no seu Chinaflat.

[Vou empezar a cobrar] 
10.1.05
  Temeridade. Encargáronme escribir un relato de ciencia ficción. E aceptei, sen ter puta idea de ciencia ficción nin de escribir relatos. Teño dúas semanas. 
  Alí e agora. Os dous blogs que máis me gustan a día de hoxe veñen de Prusia e de Tasmania. Éche a hostia. 
9.1.05
  Potencia cultural. Aínda leo hoxe un teletipo cesariano de onte: Un filme catalán obten cinco nominacións aos 'Oscar' da industria pornográfica, que se outorgan hoxe en Las Vegas. A peli chámase Hot Rats e o director, un xironés chamado Narcís Bosch, é un dos máis reputados do gremio, de feito disque fai porno de autor. E debe ser certo, porque os AVN Awards xa foron entregados e Hot Rats levou o premio á mellor película estranxeira e ao mellor director estranxeiro. Quedou sen el un tal Torbe, que foi nominado como mellor secundario e que na súa web cóntanos como se meteu a actor porno e dá sabios consellos a todo aquel lector impúdico que queira ampliar horizontes laborais. Como veredes, non fai falta ser Rocco Siffredi.



De novo, a industria cultural catalana dános cincuenta mil voltas. Hai uns anos fora moi bastante sonado o nacemento dunha produtora de porno en Galiza, pioneira do cine xis en linguas minorizadas co filme "Teta gallega". Se alguén a viu que o conte, plis. O nome da empresa é Papillon Films e ten sede comercial en Cambre. Agora parece que se dedica máis á distribución de películas por internet, sexa por venda de cintas online ou polo máis comodo método da descarga, anque tamén andan no negocio dos videoclubs. Por certo, precisan comerciais.  
  Burguerquin. Pasade polo de ascárida, tenvos unha sorpresiña... 
  Amor Punto Com. O Morreo cóntanos hoxe unha entrañábel historia sobre dous irmaus de Vimianzo que encontraron os seus respectivos amores transatlánticos por internet. Pero máis que a historia en si, o realmente tenro é como está escrita. As negriñas son de meu.

...Dicen que el destino está escrito, pero el de algunos parece estar guardado en algún archivo .com, y es que ni el azar puede escapar de las nuevas tecnologías. Al menos eso deben pensar los hermanos Daniel y Roberto Martínez, vecinos de Carnés (Vimianzo), a quienes un doble click acabó cambiándoles la vida.

...Su relación cibernética fue ganando en intensidad con el paso de los días y la conexión fue tan efectiva que en octubre el joven vimiancés decidió cruzar el charco para sellar su relación. El contacto personal hizo el resto, y sin darle más vueltas, se casaron.

...Internet fue quien, indirectamente, les unió y, cosas del azar, Margarita resultó ser especialista en informática y Roberto, técnico de ordenadores. Obviamente no dudaron que su futuro estaba en el sector y desde hace cuatro meses regentan en Vimianzo una tienda informática que bautizaron, como no podía ser de otra forma, TodoPC.

...Su hermano Daniel, el responsable del doble click, regresó también a Carnés con su esposa, Isabel para seguir al frente de su explotación ganadera, ya que ahora sólo utiliza la red para consultas.

...Pero incluso sin estar on line, la vida parece dispuesta a seguir deparándole sorpresas, pues el pasado día 1 de enero, a las tres de la madrugada, nacía Ariadna, su primera hija que, curiosamente, fue también el primer bebé del año en la Costa da Morte.

...También les cuesta algo adaptarse al gallego —el idioma—, especialmente a Margarita Sánchez, que es quien atiende a los clientes en la tienda de informática.  
8.1.05
  Por fin lles soltei a gallina aos do Haloscan, tal como me suxeriu -literalmente- Cesare. Un donativo de 12 euros permitiume recuperar todos os comentarios que fostes deixando aquí dende hai algo máis de un ano, e ao tempo descubrir o moi interesante e sorprendente mundo da IP. Coidadiño co que dicides que vos teño fichados...

Os comments pódense ver debaixo de cada post, anque no sitio siga poñendo (0). Non é mal pasatempo para unha tarde de sábado, pero por desgraza teño máis cousas que facer.  
4.1.05
 
Non son eu

 
3.1.05
  Resaca, máis. Forzas, aínda menos. Empeza o ano regular. Cun pouco de sorte, penso que esa será a tónica.

E ademais teño un sicópata no blog. :))

Pero bueno, a bloquedada estivo de puta madre. Bicos a tod@s.  
2.1.05
  Resaca, abonda. Forzas, as xustas para poñer un aviso. O blogpapeo do domingo será ás dúas no restaurante San Clemente de Santiago. Quedamos media hora antes nos soportais do pazo de Raxoi para re-coñecernos. Levade un caravel na solapa.  
Maroutallos Sen Alma, Inc.


ARQUIVOS
setembro 2003 / outubro 2003 / novembro 2003 / dezembro 2003 / janeiro 2004 / fevereiro 2004 / março 2004 / abril 2004 / maio 2004 / junho 2004 / julho 2004 / agosto 2004 / setembro 2004 / outubro 2004 / novembro 2004 / dezembro 2004 / janeiro 2005 / fevereiro 2005 / março 2005 /


BUSCADOR
Google
Web todonada.blogspot.com


PROPAGANDA

Powered by Blogger