Todo nada
Neoloxismos: Geek
Palabro de moda entre esta estraña moda que é a dos weblogs. Un
geek vén sendo un flipado da tecnoloxía, máis ben da informática, que pasa máis tempo diante do ordenador que na rúa ou nos bares, que controla un mundo de linux e de software libre, que lle interesa internet por riba de todas as cousas, e que dá todos os días gracias a deus por este marabilloso invento que (e está completamente convencido disto) está a cambiar o mundo e nos fará a todos máis libres e máis felices. Por suposto, ten un blog.
Ben, esta definición é miña e un pouco perralleira. Aténdome a ela, non son ningunha
geek: aínda que adoro internet e debo boa parte da miña vida profesional a ela, paso aínda demasiado tempo nos bares, e o tema do linux e do software libre, aínda que me interesa, axiña se me atraganta. A fin de contas son de letras. De todas maneiras, hai tantas
definicións do termo geek como
geeks hai no planeta (e está empezando a ser unha praga). Veño de facer
este test e só teño un 11% de geekitude, os meus amigos poden estar tranquilos.
Algún
geek na sala?
Neoloxismos: Metrosexual
Teño unha amiga que anda ultimamente moi intrigada co tema da Metrosexualidade. O termo non significa que che mida un metro (perdón polo chiste malo) senón que se refire a aqueles homes que se coidan e preocupan polo aspecto físico, igual que moitas mulleres e moitos homes homosexuais, pero sen deixar de ser heterosexuais. E xa non só do físico senón doutras cousas como ir de compras e pasar do fútbol, saborear un martini en lugar dunha cervexa... o que calquera home de antes chamaría "esas mariconadas". Digamos que o paradigma deste novo tipo de macho é o
David Beckham, e os estudios de mercado das empresas andan tolos por cazar a este potencial novo consumidor que as faga un pouco máis ricas. A min, e iso que me teño por unha muller moderna, séguenme gustando os homes un pouco marulos, que se lle vai facer.
Pois esta amiga miña anda a ver se detecta dentro dos homes que coñecemos algún auténtico metrosexual. Algún vai habendo. Se vostede, querido lector, sospeita que pode ter íntomas deste tipo, ou pola contra quere ratificarse na súa condición de home-home e non gato-bicho, aquí lle achego este test:
É vostede metrosexual? A ligazón é cortesía de
Suicide Girls.
E coménteme os resultados aquí abaixo, se fai o favor.
Capitol nunca máis.Finalmente onte fun ao
weekender este que organizaban na Sala Capitol de Santiago (ver
post máis abaixo). Ben, fun... máis ben tarde, despois de tomar unhas copiñas pola cidade vella. Estivemos facendo cola para entrar, case un cuarto de hora. Oito euros custaba a entrada, con consumición. Menuda expectación. Efectivamente, o garito estaba a tope, pero vaia bluf de festa. Era coma outro venres calquera, só que enriba do escenario puxeron a cabina do dillei, marcando paquete. Moito dillei pero a música non era moi diferente da que che poñen calquera día no
Insomnia (Santiago) ou no
Superfly (Lugo). A min moito funky seguido acábame rallando. E anque tiñamos esperanzas en que o especial da convocatoria atraese un público diferente, o percal que alí había era o habitual da Capitol, do xénero
PGP (Pijo Gañán Picheleiro), absolutamente repunante. Tías aínda bueno, tíos non había nin para onde mirar, todos engominados e co gharsé atado á cintura... Aghh! Non esperamos nin a acabar as copas para liscar, eu marchei con ela posta a outros lares, non tan chachis nin tan modernos pero si máis acolledores. Creo que tardarei en volver a ese sitio infame.
Avisado queda o que queira ir hoxe.
Tócamo outra vez, James
O himno de Riego ponse outra vez de moda! Manden
SMS poñendo
smtono RIEGO ao
7777 e farden de republicanismo co seu mancontro...
Outra de xuntaletras. A
Guillem Martínez hai tempo que o teño no meu pequeno altar particular. Hai xa tempo que non lle leo nada en El País, debe ser incómodo de máis para o réxime polanquista, e agora só o leo ocasionalmente en
Interviú, ese reducto de linguas viperinas.
¿En qué se inspira para elegir tema?
Necesito que me paguen. Como todo el mundo. En otro orden de cosas, la inspiración en el periodismo es una abstracción un tanto borde. Un periodista tiene que tener algo que decir y la capacidad de decirlo de una manera diferente a los viejos. Y, ya puesto, la voluntad de decirlo mejor que ellos. Si uno se fija, el periodismo español está más nutrido de pollos que tienen una novela anual que vender, que algo que decir semanalmente en un artículo. El periodismo, snif, es una manera de conservar con vida un autor de una novela a otra. El resultado son artículos y novelas manguis, que no tienen mucho que decir.
Alguna columna que me haya traído problemas...
EL periodismo español no trae problemas. Cuando la cagas, no se te comunica es decir, no tienes problemas, no se discuten problemas, no se teorízan problemas-, simplemente, acostumbras a dejar de trabajar. Ñaca. Por mi parte, los problemas que he tenido los he tenido yo solito. Por lo general, mi problema llenapistas consiste en explicar fenómenos y puntos de vista que, aparentemente, nadie ve de primeras, sin caer en la marginalidad, el rencor, la mala milk, la crispación y el discurso hermético.
Paga a pena ler enteira esta entrevista que lle fan en
Sincolumna
Periodismo gilipollas. Acho que nunca valerei (e xa o teño comprobado) para o xornalismo musical. Teño demasiado pudor para facer preguntas coma estas:
P: Por cierto, creo que tienes una hija. ¿El disco de nanas era por ella?
R: No, ella tiene ya 10 años. Siempre he tenido mucha relación con niños.
P: ¿Tu paternidad fue de penalty o fue buscada?
R: Fue follando. No fue penalty. Me encanta.
P: ¿Eres un padre responsable?
R: Yo no soy responsable en nada.
P: ¿La llevas al colegio?
R: Sí, pero, de verdad, de las drogas y de mi hija no quiero hablar. ¿Vamos a hablar de cómo soy como padre?
P: A la gente le interesa saber tu opinión sobre muchas cosas. Si no puedo quedar contigo para tomar algo y sólo tengo este tiempo, tendré que preguntarte para saber cómo eres… ¿O quieres que quedemos para tomar unas copas?
Dunha entrevista que lle fan hoxe a
Albert Pla en
La Luna. Creo que xa cobrei, vou correndo a mercar as "Cançons d'amor i droga", necesítoas.
Hoxe asistinlle a un parto:
As túas balas
O pelota vasco
Non me podo resistir a poñer esta foto. Ai pillín, pillín...
Máis rarezas lusas: Unha tipa que defende o seu dereito a virxinidade, e aínda así
fai un weblog para que a xente opine sobre as marabillosas, seica, vantaxes da vida sexual sen penetración. Non me estraña que os varóns portugueses veñan tan salidos cando chegan á GZ...
Proximamente retomarei a lista de links, agora desaparecida. Pero antes dareille un descansiño a este blog. Chau!
Tantra e Radio 3. Contra escribe un lúcido post sobre
20 anos de Radio 3 e os seus locutores. Esqueceulle o pasadísimo
Xavi Moreno, a quen ultimamente lle dá por emitir arengas pola praxe do sexo tántrico ao comezo do seu programa Local. Aínda botei onte unhas risas con Miguel polo messenger a conta da importancia do sistema parasimpático para a retención seminal, que escoitabamos ao tempo nas nosas respectivas radios. A tecnoloxía dá para estas coñas.
Zorza Dépor. Un dos grandes momentos que regala o meu querido paseo marítimo é cando hai fútbol. Hoxe xoga o Dépor e mentres viña eu para a casa dende máis ou menos Riazor, en dirección contraria íase xuntando toda unha horda de individuos coa bufanda branquiazul ao pescozo e as pipas no peto (pistolas non, as de xirasol): dende homiños sós coa bolsa do bocata e a cervexa amorosamente preparada pola muller, ata pandillas de señorasdelacoruñadetodalavida, coa bolsa de Adolfo Domínguez na man e a citada bandeira. Os coruñeses pais de familia débense dividir en dous tipos: os que van ao fútbol coa muller e os levan o bocata preparado pola muller. Non sei quen lle terá máis envexa a quén. A todo esto, non sei nin contra quén xogamos. Eu adóitome orientar sobre os resultados polos foguetes que botan, un por gol, ainda que ultimamente non é moi recomendable: Contra o Mónaco botaron 3 foguetes e pensei que iamos gañando...
Do partido ese e doutras lerias falan en
Des-Encantos, que como tantos outros
blogs portugueses atende moito máis ao que pasa por aquí arriba do que nós ao que pasa aló abaixo.
Mariona Cubells fala do telelixo con coñecemento de causa: durante un tempo traballou como redactora nun programa de Canal 9 de testemuñas, tipo
El diario de Patricia ou, máis preto,
Tardes con Ana (Kiro). Como acabou tan ata os ovarios deixou o curro e escribiu un libro sobre a súa experiencia que se titula "Mírame tonto" e que vendeu na primeira semana 3.000 exemplares. Saíuche ben a xogada, nena!
Non poño aquí a portada porque, aínda que ás veces non o pareza, procuro manter un certo criterio gráfico nas imaxes que meto. E esta é certamente espantosa. Pero aquí vai unha selección de confesións que realiza a jicha, e que llas creo ben:
"Mentimos, engañamos, ganamos dinero, sobornamos, despreciamos, manipulamos concursos, tergiversamos informaciones, llevamos a individuos a la tele sabiendo que su aparición les destrozará la vida, diseñamos programas zafios sabiendo que lo son, somos racistas, estafamos a directivos de televisión..."
Máis info (e a horrenda portada), en
Vertele
Feedback. Xa que resulta que isto o ve xente, activei os comentarios a pé de post, para que rajedes algo vós tamén, que senón queda o blog moi soso. Comenten, comenten...
Say it loud!
Xa rematei as vacacións (snif), e malia o cansa que estou non hai quen me quite o marchón. Veño de ver esta proposta para a vindeira fin de semana en Santiago, que
ten moi boa traza. Parece que se están movendo ben os da
Sala Capitol, anque tamén lle fagan concesións a Miguel Nández. Falta fai (ter salas coma a Capitol, non Miguel Nández).
"Muerte a la inteligencia. Viva la muerte."
A foto e a frase (que é o que realmente mola) quiteinas do blog de
Nico, que se sente fascinado, ao seu xeito, pola personalidade de
Millán Astray. O acojonante é que este "muñón humano" teña aínda unha praza dedicada, xusto detrás de María Pita.
Entre fascistas queda a cousa.
Para a asemblea desta fin de semana. Cántese coa melodía da canción
Já sei namorar, do premiado disco
Tribalistas:
Já sou da UPG
UUUUUUUU UUUUUUUU UUUUUUUU UUUUUUUU
Já sou da UPGa
já estou cá co Francisco, co Bautista e coa Pilar
Já sei onde ir
Que hoje tenho assembleia e nos imos divertir
Nom tenho paciência coa moderação
Nós somos os gardas da revolução
Ou nós ou ninguém
Ou controlamos tudo ou não deixamos facer rem
Ou nós ou ninguém
Tu deixa-nos o mando ou iremos-te foder
UUUUUUUU UUUUUUUU UUUUUUUU UUUUUUUU
Já sou da UPGa
Escuita companheiro a nossa hora vai sonar
Temos que fingir
Enquanto deste armário nom nos permitam saír
Nom tenho paciência coa moderação
Nós somos os gardas da revolução
Ou nós ou ninguém
Ou controlamos tudo ou não deixamos fazer rem
Ou nós ou ninguém
Tu deixa-nos o mando ou iremos-te foder.
Tu tá-te quedo, é polo teu bem
Tu tá-te quedo deixa-nos fazer
Tu tá-te quedo da-me o control
De outro jeito tudo irá pior
Tu tá-te quedo
Tu tá-te quedo
Tu tá-te quedo
Tu
Tá-te quedo
Tu tá-te quedo
Tu tá-te quedo
Tu tá-te quedo
Tu
Tá-te quedo
(É polo teu bem)
Tá-te quedo
(Nom vai doer)
Tu tá-te quedo
(dá-me o poder)
Tu tá-te quedo
(contra o PP)
No foro da
VA-CA (
Que dim os rumiantes?) atopeime con esta e con outras letras de cancións para marar de la risa, NÉNO.
A liberdade sabe a mar. Sen cambiar de tema,
Robertiño Noguerol (que é da terra do viño e das castañas, anque nacera no tempo das cereixas) publica estes días
un artigo caralludo en en.red.ando, sobre o cristo do Prestige e os medios, e sobre esta táboa de salvación que foi internet. Non o perdan.
Foro Negro
Temos unha visión. Outra cultura é posible. Demostrámolo durante un ano. Podémonos sentir orgullosos e orgullosas, pero non satisfeitos. Hai demasiado por facer e para ben e para mal, só dependemos de nós. A cultura galega necesita un cambio, unha volta de torniqueta. Esa é a nosa responsabilidade e tamén o noso desafío: crear unha nova realidade cultural que marque pasos diferentes na sociedade galega. Somos ambiciosos, ambiciosas. Toda a xente que sinta a necesidade de achegar ideas está convidada. Queremos crear un espacio de encontro e unha rede de difusión que atinxa todo o territorio galego. Queremos coñecervos as caras e que coñezades as nosas. Saber en que andades metidos e metidas. Queremos falar e debater, compartir ideas e atopar solucións. Queremos formular preguntas e dar respostas. Queremos mudar a letra do discurso de sempre. Querémolo todo e máis: unha nova cultura e unha nova actitude. Algo que paga a pena crear. E propoñemos un momento e un lugar: O Foro Negro, un barco de palabras construído entre moitas e moitos.
Pasen e participen!
Leroy
Morreu
Gene Anthony Ray. Ou o que é o mesmo,
Leroy Johnson, o negro de
Fama, aquela serie que marcou a querencia polo artisteo da nosa xeración moito antes de que existira UPA Dance. De sida e aos 41 anos, hai que ver que mal acaban
os ídolos afroamericanos da nosa infancia.
Diccionario Koruño-Español. Destas cousas que chegan polo correo leutrónico. Seguro que a algún lle resulta ben útil.
>
> Empezaremos con una enumeración de vocablos, a continuación un
conjunto de expresiones y terminaremos con una muestra de la potencia
de este lenguaje.
>
>
> Glosario:
>
> achanta: separa, quita, apártate
> atrapao: pillao, grillao, mal de la cabeza
> biclé: motocicleta
> buahh: interjección. Usada como muletilla en muchos ámbitos
> bufas: tetas
> bul: culo
> burlar: dominar algún tema. Chanar, controlar...
> bute: bien
> cachar: encontrar
> chukel: perro
> já: chica, novia
> kel: casa
> kilar: follar
> latar: hacer novillos
> ligar: coger in fraganti
> manguta: tío muy grande. Armario humano
> marar(se): reír(se)
> nel: nada
> notas: fulano, tío..
> pasantías: clases particulares
> pencar: suspender
> pestrucha: muchacha joven y alegre :D
> plas: hermano. Según zonas tiene como femenino plasa
> puchar: igual que burlar
> puril(a): persona mayor. Aplicable también a los padres
> safar: librarse por los pelos
> trapis: trapicheos
> tripulada: vuelta
> truja: cigarrillo
>
>
> Ahora algunas frases hechas de uso común:
>
> "a ver, guarra": expresión de cariño entre muchachas
> "apartadelmedioketefostio": está claro, no?
> "buaah NENO vaya ligadaaa": admiración ante el flagrante delito ;)
> "buah neno buah": expresión de admiración
> "BUTE neno BUTE": expresión de aprobación
> "como cunde": muestra de alegría ante algún hecho favorable
> "es que ssssí, NENO": expresión de afirmación
> "este sitio está lleno de puriles": se usa cuando un local está
frecuentado por personas más mayores
> "fumar grelos", "fumar petas" : fumar canutos
> "ke chissspa": expresión de admiración ante la simpatía de alguien
> "mi máaaa": por mi madre
> "nel del panel": expresión de negación
> "no te confundassss": pseudoamenaza
> "Oísste NENO": frase para llamar la atención
> "partirse el eje": reírse mucho
> "tú flipassss": expresión de contrariedad
>
>
>
> Y ahora una muestra del lenguaje coruñés en plena faena:
>
> "buah neno, caché a la ja de mi plas kilando con mi puril.en mi kel!
flipa chorbo! parecían dos chukeles. Le estaba jalando las bufas! y
luego le petó el bul! que muvi! "
>
> ...que en castellano es:
>
> "oye tío pille a la novia de mi hermano follando con mi padre en mi
casa, alucina tío, parecían dos perros, le estaba comiendo las tetas y
luego le rompió el culo, qué movida"
>
>
>
> Real como la vida misma, NEEENO!!!
Vaia, hoxe falan deste blog en
Vieiros e o blog sen varrer... Colléronme de imprevisto total e non no meu mellor día, pero en fin. Agardo que os novos visitantes non tomen en serio todas as irresponsabilidades que digo aquí nin teñan en conta o cutre do deseño. Pero poden pasar ata a cociña...
Competencia
A toda a xente de
Burla Negra e
Nunca Máis, nunca vos agradeceremos ben todo este ano de curro constante, sacrificado, competente e acertado. E o que queda aínda.
Por se algúen non puido ir onte a Santiago, ou foi dos que non chegaron a tempo de oír todo "o acto", na web de NM están os manifestos todos, incluíndo o de
Cecilia e
Celtia, que é de Muxía e
quere ser mariscadora. Cómo veñen as novas xeracións, mi má.
Onte foi un gran, grandísimo día. A manifestación foi a máis emocionante de todas ás que acudín, creo que máis ca do 1 de decembro. E moi divertida ademais. Pero case foi mellor a postmani, a base de cervexa e licor-café, coma un 25 de xullo versión inverno e recollidos na casa das Crechas. Alotonto, deiteime ás 5 da mañá, todo un domingo. Que se note que estou de férias. O meu fígado xa o está notando.
E todo un súper-encontro, entre os moitos e formidables encontros de onte:
Javito de Gran Hermano, nas crechas. Viva o licor-café, gracias a el acerqueime e dinlle dous chuchos e falei un cachín con el, creo que sobre NM. Mais para campiona, campiona, miña irmá, que lle pediu un autógrafo a Javito e logo asinoulle ela outro a el. Como se crece unha, só por cantar Porca Miseria diante de 100 mil persoas. Di que si, Pepiña.
Agora toca descansar un pouco. Hoxe en Lugo vendo a tele e comendo castañas. Mañá xa veremos. Viva o lecer.
Envexa. Escribiume Martiño dende a Gran Mazá (aínda agardo a postal física):
Dou fe: Paul Auster existe. Vimolo o outro dia nunha lectura publica de contos de Garcia Marquez, a el e a Salman Rushdie. Tamen existen todas esas cousas que saen nas pelis e que parecen sacadas dun decorado de Cineccita: o valado de Central Park xunto o que fan footing en todas as peliculas, o edificio Dakota, a Casa Blanca, o Pentagono... Ou o CBGB, onde acabo de tomar unha birra a seis dolares, e a tipa que ma serviu puxo mala cara porque lle deixei pouca propina.
A que fode?
Non sabes cánto. E aquí me tes á outra beira do atlántico, facendo turismo por Galicia, que, igual que a NYC, tamén lle fai moita falta. Chove a dios e aínda así teño a fiestra aberta, gústame o cheiro do mar e tamén o da refinería. Os veciños do Orzán nunca nos poderemos despegar do chapapote olfativo de Repsol, esa salvadora.
A última de Spike Lee
Unha peli moi chula, saen varios personaxes dos que te podes enamorar, malia a súa dubidosa catadura moral, ou precisamente por ela. O ser humano é moralmente moi complexo, e isto vén querendo dicir a peli, que nos presenta personaxes que non nos podemos atrever a xulgar. O que dicía: podédesvos namorar de
Monty, de
Frank, de
Naturelle... mesmo de
Phillip Seymour Hoffmann, que nesta peli volve facer de Phillip Seymour Hoffman. Está moi ben
Eduard Norton, non sei como Salma Hayek o puido deixar por Josh Brolin, un fillo de papá imberbe que saía en Jóvenes Jinetes. Eddie, podes pasarte por Galicia estes días, que non teño nada que facer...
Esbardalladas á parte, mirade a peli que está moi ben. E os extras tamén, se a pillades en DVD.
25th Hour (no E.E.,
La última noche) é a primeira película que retratou o estado de ánimo dos neoyorquinos tra-lo 11 de setembro. As imaxes da Zona Cero son certamente esmagadoras. Acordeime moito de
Martiño e Belén, que andan por aló. Estou desexando que regresen e que me conten cousas de cómo está aquilo. E seguirei soñando con algún día poder ir eu aló.
Disghrasia e pormodernirmo
Lipovetsky en Compostela:
"Instalámonos na crise que polo que parece non modifica os desexos de benestar e de distracción''. En boca dun muxián podería traducirse por
"O do barco foiche unha disghrasia, pero puiden pintar de novo a casa e mercarlle un ordenador ao rapás". RDL saca
un especial sobre o gurú da posmodernidade aproveitando, por un lado, a súa presencia nunhas xornadas do CCG, e por outro, que se vén de reeditar en castelán
"A era do baleiro", libro que lle recomendo a todo o mundo e do que traduciron
un extracto á nosa lingua.
Cabodano na rúa Real. Hoxe, 13 de novembro, pouca xente se acorda doutra desgracia inxusta que non debería ter acontecido nin acontecer nunca máis. Gran artigo de Pereiro sobre o que pasou hai
hoxe un ano.
Un ano de loito
Parabéns a
Vieiros, pola cobertura de hai un ano e polo
especial de hoxe. Chapapote, suor e bágoas, pero pagou (e paga) a pena, amigos.
Hoxe, na NASA:
SEMPRE MAR é un disco-libro no que participan 117 escritor@s, 27 grupos musicais, 18 ilustradores. Maria do Cebreiro, Manuel Outeiriño, Pepe Cáccamo, Xabier Cordal, Chus Pato, María Lado, Yolanda Castaño, Xurxo Souto, Suso de Toro... Ruxe-Ruxe, Liñaceira, Pilocha, Marful (Ugia Pedreira...), Roberto Sobrado, Alfolies, Milladoiro, Maria Manuela, Leilia, FaiTun Flai, Zenzar, Caldaloba, Beladona, Baldo Martinez, Alberto Bundi, Nova Galega de Danza, Pilar Suances,Tangata, Xaneiro...Xaquín Marín, Fausto, Kike Benlloch, Tokio...
Xa saiu do trinque. A primeira presentación: Carral, este domingo ás 18.30 no bar de Peter. A presentación grandota, con música, teatro e festa: Sala Nasa, o vindeiro xoves.
Máis info, na
Burla negra
Xa llo pedín a Papá Noel...
A cousa é tan sinxela como un xadrez alcólico, ou
a versión intelectual do xogo do peso: en lugar de comer as fichas do contrario, bébelas. Que tome nota quen me queira facer un regalo este nadal. ;)
En las orillas de S.A.R.
Transcrición da conversa entre Xosé Lois Foxo e Felipe de Borbón:
O Foxo (com a boca cheia): Estoy trabajando en uma melodia dedicada a Su Alteza que se inspira en los registros más significativos de nuestra música regional”.
O Príncipe:-) ¡Estoy ansioso por escucharla!
O Foxo: ¡Déjeme terminar!
O resto da primizia, nas
Va-Ca News. E á prinzesa
tamén lle toca, con homenaxe incluída ao chorado (e rido) Chichi Campos.
Descuajaringóuseme algo o deseño, así de pronto e sen saber por qué. Agora non penso poñerme a amañalo, así que perdoen as molestias.
Falta de cartos. Superados ata certo punto os problemas de saúde, busco traballo. Non é que o A.G. me botara do seu seo, digamos que non cumpre coas miñas expectativas salariais. Mentres elevo as miñas queixas ás autoridades competentes, úrxeme un traballiño extra: colaboracións remuneradas, traduccións remuneradas, calcetas remuneradas... o que sexa, pero que paguen e en negro. Xa sei que nunca tan rica fun, pero é que
odio ser pobre. Tampouco estaría mal apañar algún
destes curreles.
Falta de vida. Levo dende onte á noite bastante fodida do corpo, con íntomas variados que afectan principalmente ao aparato dixestivo e á cabeza. Desculpen polo tanto que non me estenda moito estes días no blog, pois non teño nin moito ánimo nin moito tempo, que todo se me vai en laiarme e suar na cama.
Salú.
A esta tamén lle chega ben
Levo 2 días sen poder quitar da boca
esta canción de
Fey, que reapareceu na miña cabeza varios días despois da última visita ao Glam.
Tu mi complemento / mi media naranja / ya te quiero / sin cruzar palabra / si esto no es un sueño / eres mi otra mitad... Nin Paulina nin Thalía, velaquí
a auténtica raíña da canción mexicana.
As peores portadas
Poño aquí esta foto porque, segundo
Elástico,
este foi o enlace máis popular na comunidade bloggeira do mundo o pasado 6 de novembro. E unha non vai ser menos. Sobre todo vendo nesta pose tan sessual a Tino, o guapito de
Parchís.
De todos xeitos, os de
Stone non viron aínda ningunha portada de disco de
Xil Ríos ou de
Sabela,
a cantante máis enxebre da Galiza.
Na Cosmo. Pólitan deste mes vén unha reportaxe sobre técnicas de masturbación e na seguinte páxina unha entrevista a
Luis Tosar. Curiosa asociación...
Montunos ou bloqueiros?
O
Dr. Karamba, nas
Va-Ca News:
Há uns anos, um bom colega meu saiu por Ponte Vedra de marcha. Ele é galego-falante de toda a vida, e era naquela altura militante nacionalista. Querendo engatar umha menina bem lindinha e bem queque (=esp. "pija", que o saibades) evidentemente ponte-vedresa, ela disse-lhe umha frase que marcou a minha vida e a dele: "Ah! Hablas gallego.... ¿y tu que eres, montuno o del bloque?". Verídico. E evidentemente, o meu colega nom se comeu nada aquela noite.
En espiral. Levo tres días cun tocho de 200 páxinas, deses encadernados en espiral que me mandan ler. Pouco me queda para rematalo, pero cústame un mundo porque non me está gustando moito, e desta noite non pode pasar. Está ben ter a lectura como traballo, pero mellor está tela como pracer. Teño mono de encadernación rústica... Un libro, por favor!
Ademais débolle a
Longarela un post sobre este particular. Que alegría lerte outra vez, Longa.
A derradeira orxía da Gestapo
Nin idea de que existía tal película.
Este rapaz ten cada cousa...
Os novos sex simbols?
Outro blog insigne, o de
Juanjo Seixas, descúbrenos esta web denominada
Belleza en las noticias. Parece que S.A.R. non é o único que reparou nelas.
Talogo, Nacho. Onte foi un día triste para os lectores de blogs. Un dos blogueiros máis simpáticos e máis folgazáns (dictáballo a outro por teléfono),
Nacho Canut, decidiu deixar de publicar o seu diario, que tiña milleiros de seguidores e entre eles eu. Velaquí
o seu derradeiro día en internet.
Sábado. Esperto ás 12 e como teño bastante resaca non consigo adormecer de novo, así que me ergo, dúchome, vístome e bótome fóra despois de dicirlle adeus á miña irmá que seguirá durmindo unhas cantas horas máis. Amence un día estupendo, parece mentira despois da que caeu onte, e apetéceme moito ir xantar por aí de sábado guai, pero os meus compañeiros de saída de onte están todos fóra de servicio neste momento. Así que me achego á zona vella para comprar o xornal, dar unha volta e agardar a que alguén esperte. Nin pa dios, a xente en Santiago é un muermo e non fan máis que durmir (quitado a
Rocío que me chamou de camiño para a casa de seus pais). Comprei un sandwich vexetal deses ricos que venden nunha panadería cerca do Toural, comino pola rúa e logo entrei a tomar un café no Rúa Nova, onde me enterei por La Voz de Galicia que o príncipe estaba liado coa que sae no informativo de Urdaci. Decidín ir para Lugo.
Traxecto Santiago-Lugo con gafas de sol e Belle and Sebastian a todo gas. Como non había ninguén na miña casa fun verlles a nova a
María e Carlos, e alí tomei un tazón de café negro. Como era unha lástima quedar na casa unha tarde así propuxen ir ata a
Casa Grande da Fervenza, que é unha casa rural moi famosa cerca de Lugo á que nós nunca fóramos. De feito, estaba máis lonxe do que pensabamos, pero estivo ben o paseo porque non coñecíamos esa zona, parece mentira en min. Tomamos unha birra mentres anoitecía e cando saímos o certo é que metía medo aquel sitio a tomar por saco da civilización, con aqueles carballos sobre a estrada e esa néboa incipiente sobre o Miño. No coche, mentres tentabamos sintonizar o
Murcia-Dépor, enterámonos de que o príncipe casa coa de Urdaci. Menudo pasote. Xa tivemos tema toda a noite para o debate e a reflexión. Fomos cear ao
Carreira, menú árabe, polo que a dixestión tivo que ser axudada por uns bombais no
Emo e no
Glam. María e Carlos non coñecían o Glam e gustoulles, pero tampouco son tan amigos de bailar coma min e non tiveron paciencia para agardar a que puxeran a canción de
Beyoncé, que é a miña favorita para bailar. Cando estabamos marchando entraron Alberto e os seus colegas e quedei con eles bailando mogollón, ata que puxeron a de Beyoncé e outras poucas máis.
Hoxe estou cos ósos desencaixados, como di a canción. Zapateada no sofá, creo que xa me sei de memoria todos os detalles relativos ao casorio de Letizia Ortiz. E isto só acaba de empezar.
Venres. Fun a Santiago. Cheguei a casa de
Rocío cerca das oito e estivemos lercheando e pimplando algo máis dunha botella de Ribera del Duero. Eu uns tres cuartos de botella e ela o outro cuarto, ou unha proporción similar. Como levo vida sana ultimamente entre semana non me sentou moi ben, co cal xa saín da casa borracha e cando chegamos a
Gamela onde quedaramos con
Roi, Lucía e Mónica tiven que pedir 2 augas. Parece mentira, canto máis vella vou peor sentido teño para beber.
Logo do impasse do líquido elemento, empecei a birras, creo que no
Atlántico, e alí estivemos falando de grupos que nos molaban nos 80 e nos 90. Na xente da nosa idade comeza a ser preocupante tanta nostalxia polos vellos tempos. Será que por primeira vez nos decatamos de que somos maiores e que os 90, e xa non che conto os 80, xa quedan demasiado lonxe. En todo caso, este é un tema de conversación cada vez máis recorrente.
Logo chegou xente da
Burla Negra e estivemos falando con eles de cousas serias, polo menos fixemos o intento xa que o nivel de sangue no alcol ía diminuíndo. Nesas propuxémonos ir ata o Sar para pillar o final do
Santi Rock. Con sorte, pillaríamos o final de
Placebo e a sesión de
Las Perras DJ's. Petamos na porta e abríronos e alí estivemos un bo cacho,con miña irmá que estaba vendendo camisetas e recollendo o chiringuito. Bailamos coas Perras bastante, ata que as cinco rematou todo. Pois vaia ful, un macrofestival delavirgen polo que cobran 30 euros e no que non podes estar bailando ata as tantas.
Logo volvémonos para Santiago a ver se quedaba algo aberto pero pouco quedaba, e tamén estabamos cansos así que nos fomos cada un para a súa casa e eu para a de
Pepa, que hai confianza. De camiño quedoume algo de pesar por non ter ido ao
Capitol a bailar
Beyoncé, tal como lle prometín a
Mónica. Manteño a promesa para a próxima vez.